Reynier Aldana Band trae a Cangas un venres máis de música co Directo Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCangas
A-
A+

A música volta á noite canguesa este venres co Directo Xove 2014 e a actuación do grupo Reynier Aldana Band que presentará a súa maqueta “Tu Libertad” no pub Moon´s a partir das 22.30 horas.

O músico multiinstrumentista e compositor Cubano Reynier Aldana foi o fundador desta banda que leva traballando máis de sete meses e xa está preparando o seu primeiro disco. Durante a súa estancia en Cuba Aldana acompañou a diferentes artistas cubanos da talla de Frank Delgado, Eric Mendez, Ray Fernandez ou Raul Torrez.

Á súa chegada a Galicia comezou a buscar xente que se interesase polo seu proxecto musical e coñeceu a Fran Núñez (baixista), Fenrando Fenrnández “Nene” (baterista), e Max Gómez (baterista) cos que fundou a Reynier Aldana Band. Todos os compoñentes deste novo grupo xa tiveron experiencias anteriores no mundo da música ao formar parte de diferentes bandas.

Reynier Aldana afirma que o Directo Xove é unha gran oportunidade para dar a coñecer ao público o proxecto da banda que se recolle na maqueta “Tu Libertad”. No concerto do próximo venres o grupo tocará 8 temas do seu repertorio propio que inclúe diferentes estilos como rock, pop, pop-folck e canción de autor. “Todos los temas tienen un sentido poético, hablan sobre el amor en un sentido metafórico” afirma Aldana

Os compoñentes do segundo grupo que actuará no Directo Xove 2014 animan ao público a asistir ao seu concerto no que ofrecerán algo “diferente, positivo, que seguro les gustará”.

A entrada terá un custe de 3€ que en beneficio do grupo.

1 de maio de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.