publicidade hoxe

Reunión para a Festa dos Maiores do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño mantivo a tradicional reunión de seguridade para a Festa dos Maiores, que se celebrará un ano máis na vila carballiñesa, en concreto no Parque Municipal, o próximo 14 de xuño. Na reunión, xunto co alcalde, estiveron os responsables da consellería de Benestar en Ourense, así como o edil de seguridade e os representantes de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, policía Autonómica, Cruz Vermella e 061.

En total participarán máis de 120 persoas que salvagardarán a seguridade desta festa, que terá o seu centro de actividade no parque municipal do Carballiño, para o que xa se está traballando por parte do concello para que estea todo preparado para ese día.

Así mesmo contarase coas dotacións de vehículos especializados para este tipo de concentracións como son as UVI móbil de 061, ambulancias que achegarán tanto a agrupación local de Protección Civil e Cruz Vermella, e os vehículos propios das brigadas tanto da policía autonómica, como de tráfico, Garda Civil e Policía Local.

Outro dos puntos destacables nesta festa é a dos puntos de comidas, para o que, como é habitual, realizarase un sorteo previo para a localización destes postos. Este sorteo terá lugar o próximo 31 de maio, ás 18:00 horas para os bares, e ás 20:00 horas para os pulpeiros. Estes sorteos terán lugar no salón de plenos do concello carballiñés.

26 de maio de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.