Reunión cos organizadores do entroido do Hío para avaliar o seu desenvolvemento
A casa da Xuventude de Cangas acollerá mañá mércores día 7 de maio a partir das 20.00 horas unha reunión entre o concelleiro de Cultura José Luis Gestido e a concelleira de Seguridade María Luisa Prieto cos representantes da organización do Entroido de O Hío. Tamén estarán presentes representantes de Protección Civil, a Policía Local e técnicos municipais.
Durante o encontro realizarase un balance sobre o desenvolvemento do Entroido de O Hío 2014.











