Resultados do fin de semana nas categorías inferiores do Santiago Futsal
O equipo Xuvenil Nacional disputou este fin de semana o partido de ida da Copa Xuvenil no que empatou a 3 co Burela en Vista Alegre, onde se puido ver un partido moi bonito e intenso por parte de ambos os equipos. Os santiagueses lograron porse por diante nos primeiros minutos cun gol de estratexia e rapidamente lograron o 0-2. Co partido bastante controlado, en dúas accións illadas, os de Burela empataron, xerando varias ocasións para porse por diante.
Tras o descanso, o Santiago marcou o 2-3 nunha bonita xogada de equipo e dispuxo de varias ocasións para sentenciar o partido, pero non foron capaces de materializalas e a falta de 4 minutos para o final, o Burela empatou o partido, deixando a eliminatoria a expensas do partido de volta que se xogará nun par de semanas en Santiago.
Copa Xuvenil Nacional (Ida Semifinal)
Burela FS 3-3 Santiago Futsal Juv Nacional
Liga Cadete Autonómica (30ª Xornada)
Santiago Futsal Cad Aut 11-0 Pena Españolista Sarria
Liga Infantil Autonómica (24ª Xornada)
Santiago Futsal Inf Aut 3-1 Pena Españolista Sarria
Cadete Local
Santiago Futsal IES Fontiñas Cadete B 0-2 SD Milladoiro
Prebenxamín
Santiago Futsal IES Fontiñas Prebenjamín 1º 0-5 Vitoria B











