Resultados das categorías inferiores e próxima xornada do Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo cadete segue dependendo de si mesmo para poder ser campión de liga. Os lucenses tras perder o xoves ante o Vigo 2015 (2-4) non podían fallar de novo e non o fixeron na súa visita á cancha do O Parrulo para así chegar á última xornada coas opcións intactas de poder ser campión de liga.

Bonito e equilibrado partido o disputado ante O Parrulo, con dous equipos atrevidos e utilizando as súas armas. Tras adiantarse o Azkar con dous goles, os departamentais serían capaces de reducir diferenzas antes do descanso, pero cando parecía que con esa mínima vantaxe íase a chegar ao intermedio, os lucenses ampliaban ao 1-3. O cansazo dos azuis fíxose notar no segundo periodo e iso obrigou a baixar a súa asfixiante presión do primeiro tempo. O Parrulo fallaría un penalti e pouco despois chegaba o 2-3, o que lle permitiu no final de partido arriscar con porteiro-xogador, pero o Azkar Lugo non deixou escapar a súa vitoria.

Ficha técnica:
Maren O Parrulo Ferrol 2: Joel, Daza, Miguel, Jorge e Muriel, -cinco inicial-, Diego López, Naveira e Diego Vigo.
Azkar Lugo 3: Esmorís, Roi, Daniel Xesús, Cley e David, -cinco inicial-, Yago, Marcio, Jesús, Pablo, Pedro e Carlos.
Árbitro: Carreira Pena (Ferrol).
Incidencias: 29ª xornada da liga autonómica cadete. Pavillón A Malata.
Goles: 0-1 min. 8 Daniel Xesús, 0-2 min. 14 Cley, 1-2 min. 20 Muriel, 1-3 min. 22 David e 2-3 min. 34 Muriel.

O Azkar Lugo cadete recibe este sábado 10 de maio ás 18:30 horas ao Troula Betanzos no Centro Deportivo Terra.

O infantil tamén gañou en Ferrol
O Azkar Lugo infantil tamén conseguiu unha nova vitoria en Ferrol (0-3) o que lle permitiu alcanzar a cuarta praza da clasificación que precisamente ostentaban os departamentais. Os lucenses cun bo inicio adiantábanse pronto no marcador, e aínda que logo os ferrolanos tamén apertaban, os de José González callarían unha boa defensa para non encaixar gol. Nun segundo periodo igualado, o Azkar daría un paso case definitivo no último tramo de partido ao anotar o segundo gol, vitoria que referendaría a sete minutos do final cando anotaba o 0-3 definitivo.

Ficha técnica:
Canalones Leonardo O Parrulo Ferrol 0: Regueira, Manuel, Alejandro, Iñaki e Marcos, -cinco inicial-, Raúl, Miguel, Pablo e Alonso.
Azkar Lugo 3: Iago, Jacobo, Brais, Luís e Bruno, -cinco inicial-, Borja, Noel, Pumi, Mera, Noé e Vila.
Árbitro: Carreira Pena (Ferrol).
Incidencias: 29ª xornada da liga autonómica infantil. Pavillón A Malata.
Goles: 0-1 min. 4 Bruno, 0-2 min. 37 bruno e 0-3 min. 43 Brais.

O Azkar Lugo infantil recibe este sábado 10 de maio ás 17:00 horas ao Troula Betanzos no Centro Deportivo Terra.

Resto de resultados
Azkar Fundación benjamín 2 – EDM Guitiriz 0 (campionato provincial)
Azkar Prone alevín 2 – EDM Vilalba 3 (campionato provincial)

Próximos partidos

Sábado 10/05:

Polideportivo O Palomar:
12:00 horas: Azkar Prone benxamín – Lumieira

Pabellón Municipal de Guitiriz – Fase final provincial benjamín:
12:00 horas: Xove – Maristas.
13:00 horas: Azkar Fundación – Santiago de Foz.
17:30 horas: 3º e 4º posto.
19:30 horas: final.

Domingo 11/05:

Pavillón As Travesas:
12:30 horas: IES Coruxo – Azkar Lugo xuvenil (ida semifinais – Copa)

8 de maio de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.