Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e próxima xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo xuvenil conseguiu un gran resultado (2-5) no partido de ida das semifinais da Copa galega da liga nacional xuvenil. Aos de Ángel Pérez tocoulles remontar o gol dos vigueses ao minuto nove, e con sufrimento xa que os lucenses atopáronse a un rival moi pechado na súa cancha, o que fixo que os azuis levasen o mando do partido, o control absoluto, pero que acababan desquiciándose ao ver que as súas escasas ocasións non obtiñan o premio do gol.

Tras chegarse ao descanso coa mínima vantaxe local no marcador, o segundo tempo arrincou como o primeiro acto, con absoluto dominio do Azkar, pero sen xerar demasiado perigo na meta contraria. Cando o partido rozaba a media hora de xogo, un gol de Álvaro cambiaba o decorado do choque, xa que o IES Coruxo subía as súas liñas e aí con máis espazos o Azkar Lugo amosouse máis perigoso e as súas ocasións traducíronse en goles mandando ao minuto 38 por 1 gol a 4. Con porteiro-xogador os locais serían capaces de reducir diferenzas, pero no último minuto os lucenses volverían mandar por tres goles, xa de forma definitiva co 2-5. Bo resultado para o partido de volta en terras lucenses.

Ficha técnica:
IES Coruxo 2: David, Diego, Miguel, Jeremy e Javier, -cinco inicial-, Pablo, Carlos e Juan.
Azkar Lugo 5: Alexandre, Alex, Asier, Porto e Adrián, -cinco inicial-, Álvaro, Costoya, Areñas e Pablo.
Árbitros: Álvaro García e Andrés García (Vigo).
Incidencias: partido de ida semifinal da Copa da liga nacional. Pavillón As Travesas.
Goles: 1-0 min. 9 Juan, 1-1 min. 28 Álvaro, 1-2 min. 31 Costoya, 1-3 min. 36 Areñas, 1-4 min. 38 Porto, 2-4 min. 39 Jeremy e 2-5 min. 40 Pablo.

O seguinte compromiso do Azkar Lugo xuvenil será o da eliminatoria dos oitavos de final da Copa de España xuvenil que lle medirá este próximo domingo 18 de maio desde as 12:00 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo ao Jerez 1993.

O infantil acaba terceiro en liga
O pasado fin de semana finalizou a liga autonómica infantil e o Azkar Lugo desta categoría acabou a liga como terceiro tralo seu empate (1-1) ante o Troula Betanzos. Tras unha primeira parte igualada, ao descanso valía o gol dos lucenses para mandar tralos 25 primeiros minutos. No segundo acto o partido cambiou, o Azkar dominou máis o choque e dispuxo de ocasións claras para ampliar a vantaxe. Non o conseguiu e no último minuto o Troula apostou polo porteiro-xogador, o que lle permitiu empatar a contenda a escasos segundos do final co 1-1 definitivo.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 1: David, Jacobo, Brais, Luís e Bruno, -cinco inicial-, Borja, Noel, Pumi, Noé, Mera e Vila.
Troula Betanzos 1: Jaime, Alejandro, Francisco, Brais e Víctor, -cinco inicial-, Daniel e Antón.
Árbitro: Franco Veiga (Lugo).
Incidencias: 30ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 3 Jacobo e 1-1 min. 50 Brais.

Próximos partidos

Domingo 18/05 – campionato galego benxamín:

Pavillón Municipal de Celanova:
12:00 horas: Azkar Fundación benxamín – Ampanbal
18:00 horas: Azkar Fundación benxamín – Celanova ou Cidade de Narón

15 de maio de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.