publicidade hoxe

Resolto o concurso de fotografía medioambiental en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Este Concurso, convocado hai uns meses pola Concellería de Cultura do noso Concello, estaba adicado a “Xove, a súa costa e o seu mar”.   Tal como recollen as Bases e a Convocatoria, o Concurso tiña como principal obxectivo potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

En total presentáronse 19 participantes, cifra moi estimable se temos en conta que se trataba dunha primeira edición. Pois ben, onte reuniuse o xurado, formado polo pintor de Xove Xoan Guerreiro, o fotógrafo e reporteiro de La Voz de Galicia Xaime Fernández Ramallal, actuando como secretario o técnico de cultura do Concello Mario Eijo.

Rematado o proceso de avaliación, o Xurado acordou conceder os seguintes premios:

Categoría xuvenil:

Primeiro premio de 100 €uros: MARÍA BAKTEEVA, coa obra “NORAY”

Segundo premio de 50 €uros: CLAUDIA VÁZQUEZ SÁNCHEZ coa obra “O QUE A NOSA NATUREZ VE”.

Categoría adultos:

Primeiro premio de 100 €uros: JAVIER VILLARES LAMAS, coa obra “FUENTE DE…”.

Segundo premio de 50 €uros: JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, coa obra “CIRCUMPOLAR EN RONCADOIRO”.

7 de maio de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.