Rescatan un esquío que apareceu nunha vivenda de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía Local de Vigo rescataron un esquío macho adulto que apareceu nunha vivenda da cidade, cuxo propietario alertou da presenza do animal, segundo informaron fontes deste corpo.

Os feitos tiveron lugar na tarde do pasado sábado, cando un veciño da rúa Gregorio Espino chamou a Policía para avisar de que atopara un esquío na súa casa.

Ata o domicilio do alertante desprazáronse efectivos da Unidade Ambiental de Intervención Rural (UMIR), que se fixeron cargo do animal.

En concreto, trátase dun esquío de especie ‘coreana’ (eutamias sibiricus), da familia dos esciúridos. Este esquío vive en hábitats boscosos do norte de Asia, Xapón e Corea. Os axentes da UMIR trasladárona ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo.

21 de maio de 2014 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.