Representación da Aula Municipal de Teatro de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A Aula Municipal de Teatro actuará este venres na Casa da Cultura, ás 20:30 horas, dentro da programación para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Un elenco de oito actores e actrices, dirixidos por Eva Ferreira, levarán a escena a adaptación dun texto orixinal de X. Manuel Pacho Blanco, “De teatros e armas”.

SINOPSE

A realidade é unha guerra permanente. Un espazo onde aparecen e desaparecen personaxes e figurantes. Onde os papeis mudan a cada momento. Un gran teatro onde están a se representar todas as historias imaxinadas. Onde se confunden os xéneros e as tramas; as traxedias e as comedias do día a día. A teoría do caos, pero na vida. Un teatro de idiotas.

Un lugar onde en calquera momento pode soar o disparo dunha arma…

Duración: 1 hora aproximadamente.

27 de maio de 2014 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.