“Repostaría para golosos” no Centro Comercial Arousa
O Centro Comercial Arousa acollerá o vindeiro xoves 8, a partir das 20:00 h. e na segunda planta, Repostaría para golosos, un novo curso culinario no que se introducirá aos asistentes na arte da elaboración doces e confituras, e no que se ofrecerán tamén consellos útiles para conseguir en cada sobremesa un sabor e unha presentación impecables.
Os participantes aprenderán a preparar de forma práctica e dirixidos pola chef e experta en alimentación e nutrición Marian Rodríguez catro exquisitas e sinxelas receitas coas que sorprender a familiares e amigos: cookies con pebidas de chocolate; rosquillas con glaseado de azucre; galletas de manteiga con textura e torta de mazá con glasa de pexego.
As receitas do taller, de carácter gratuíto e de acceso libre até completar aforamento, poderanse consultar na páxina web do centro www.ccarousa.com e en Facebook http://www.facebook.com/ccarousa ao concluír a sesión.











