Renóvase o convenio de colaboración co Club Universitario Ferrol de Baloncesto Feminino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e o presidente do Club Universitario Ferrol de Baloncesto Feminino, Leopoldo Ibáñez; asinaron hoxe un novo convenio de colaboración por unha contía de 82.100 euros. No acto de firma, que tivo lugar no Salón de Recepcións do Pazo Municipal, tamén participou a concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós.

A achega municipal está dirixida á colaborar na participación do equipo do Universitario na Liga Feminina 2; e na organización de tres eventos dirixidos ao deporte de base: O Torneo de Semana Santa de Minibasket, o Torneo Concello de Ferrol e o Torneo de Nadal de Minibasket.

29 de maio de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.