Remata o “bautismo de mar” dos alumnos do IES de Rodeira no R.C.N. Rodeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Unha das clases aos alumnos do IES de Rodeira

Unha das clases aos alumnos do IES de Rodeira

Este xoves rematou o “Bautismo de mar” realizado polo R.C.N. Rodeira en colaboración co departamento de Educación Física do IES de Rodeira con alumnos da ESO deste centro educativo. A actividade consistiu nun curso de dous días para achegar o deporte da vela aos estudantes cun contido fundamentalmente práctico, trasladando a clase de educación física a ría de Vigo, permitindo unha primeira toma de contacto dos rapaces e rapazas con este deporte. Durante as sesións, que se desenvolveron nos diferentes cursos ao longo de dúas semanas, os mozos e mozas estiveron acompañados dun monitor que lles explicou a montaxe do barco, as principais manobras, o manexo das velas e do temón.

En total foron 74 alumnos e alumnas os beneficiarios desta iniciativa impulsada polo Náutico de Rodeira que ten como obxectivo a promoción e o fomento da práctica da vela en Cangas, que con 31 quilómetros de costa ten as condición naturais óptimas para a práctica deste deporte.

16 de maio de 2014 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.