Remata en Cangas o curso “Fotografando co corazón”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Onte tivo lugar o acto de clausura da primeira edición do curso “Fotografando co corazón” organizado pola concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Cangas.

A este curso, que tivo unha duración de 20 horas, asistiron 16 mozos e mozas na súa maioría voluntarios/as do Concello de Cangas.

A actividade foi impartida por David Herbello Santos, quen tamén colabora coa Oficina de Voluntariado en outras moitas iniciativas.

16 de maio de 2014 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.