Quico Cadaval actuará na Feira do Libro da Guarda
O próximo domingo, 18 de maio, celebraremos a 7ª edición da Feira de Libro da Guarda na Praza do Reló, onde acoden as librerías da nosa vila e da comarca do Baixo Miño, poñendo á venda os libros cun desconto do 20%. En caso de choiva realizarase na Casa dos Alonsos.
ÁS 12.30 horas contaremos co espectáculo “Antía, Wamba e o regato pequeño”, contacontos presentado por A tropa de Trapo. Trátase dunha combinación de contos e música dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos. Pola tarde, a partir das 17h. os máis cativos poderán crear curiosos marca páxinas e chaveiros cos seus personaxes de conto preferidos.
Pero o ingrediente estrela deste ano é Quico Cadaval. O popular contador de historias e director teatral actuará ás 19.00 da tarde na nosa vila, presentando un monólogo cargado de retranca e humor moi fino sobre nosas costumes.
Como novidade, o escritor guardés residente en New York, Francisco Álvarez “Koki”, estará ás 18h. firmando os seus libros, que se poderán adquirir en calquera dos postos alí presentes.
PROGRAMA:
11.00.- Apertura dos postos das librerías.
12.30.- Contacontos da Tropa de Trapo: Antía, Wamba e o regato pequeno
17.00.- Obradoiros infantis: Marcapáxinas monstruosos e chaveiros
18.00h.- Firma de libros a cargo do escritor guardés Francisco Álvarez Koki
19.00h.- Monólogo de Quico Cadaval
20.00-20.30h.- Sorteo de lotes de libros (ó finalizar o espectáculo)
21.00h.- Peche da Feira.
PARTICIPANTES:
De A Guarda: ATLÁNTICA,LER,CERVANTES.
De O Rosal: MULTINOVAS
De Tomiño: NOVIDADES, VERBAS
De Gondomar: LIBRAIDA