QualityNova Consultores convértese en “Entidade Asesora Homologada” do Plan de Apoio á Innovación do Programa InnoCámaras

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Grazas á súa experiencia no desenvolvemento de proxectos de xestión da innovación, QualityNova Consultores foi seleccionada polo Consello Superior de Cámaras de Comercio para converterse nunha das primeiras consultoras galegas acreditada oficialmente como “Entidade Asesora Homologada” do Plan de Apoio á Innovación, InnoCámaras. No marco do acordo asinado polo director da compañía, Diego Maraña, co responsable do Consello Superior de Cámaras de Comercio, QualityNova Consultores ofrecerá asesoramento especializado ás pemes para a incorporación da cultura innovadora no seu día a día, acompañándoas no desenvolvemento de plans de I+D+i aliñados coa súa estratexia empresarial. Así mesmo, encargarase de orientalas na procura de opcións de financiamento para a posta en marcha das súas iniciativas innovadoras.

Programa InnoCámaras

O programa InnoCámaras, posto en marcha polo Consello Superior de Cámaras de Comercio, ofrece ás pemes a oportunidade de solicitar o desenvolvemento subvencionado de “Plans Individuais de Apoio á Innovación“, realizados por expertos asesores homologados, que as orientarán sobre o seu proceso de innovación. O seu principal obxectivo é promover a adopción dunha cultura de innovación nas pequenas e medianas empresas para promocionar o seu potencial de desenvolvemento e innovación de forma que logren un crecemento económico sostido.

Sobre QualityNova Consultores

QualityNova Consultoreses unha consultora galega de referencia especializada en xestión empresarial a todos os niveis. As principais áreas nas que QualityNova conta con amplo expertise son Proxectos de I+D+i, Medio Ambiente, Calidade, RSE, Planificación Estratéxica e Enerxías Renovables. Fundada en 2004, QualityNova Consultores conseguiu situarse como unha das principais consultoras galegas obtendo o recoñecemento e respaldo do tecido empresarial da Comunidade. QualityNova Consultores nun claro exemplo de compromiso cos seus clientes e coa contorna, está certificada en Calidade e Xestión Ambiental coas normas ISO 9001, ISO 14.001, EMAS e Prevención de Riscos Laborais (OHSAS 18001).

5 de maio de 2014 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.