publicidade hoxe

Publícase o decreto polo que se transfire a Celanova un treito da antiga estrada OU-540

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaLocal PortadaOurense
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se transfire un treito da antiga estrada OU-540 (Ourense- Celanova) a prol do Concello de Celanova. A solicitude do cambio de titularidade, realizada polo concello, inclúe un treito localizado no lugar de Carfaxiño entre os puntos quilométricos 21+680 e o 21+810.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considera axeitado este cambio de titularidade, dado que os case 300 metros transferidos adquiren características puramente locais pola súa situación. Trátase dun tramo illado como consecuencia das obras realizadas na estrada OU-540, que queda fóra do itinerario principal e cuxo uso quedou relegado a un tráfico local.

Con esta aprobación o Concello de Celanova deberá asumir todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do trazado a partir da formalización da entrega, que terá lugar no prazo dos dous meses seguintes.

Cambio de titularidade de estradas de Galicia

Os cambios de titularidade das estradas están regulados na Lei de estradas de Galicia. De acordo con este artigo os cambios dos nomes das vías deben ser aprobados por un decreto de Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) é a encargada de avaliar o cambio de titularidade.

Ademais, a Lei de estradas de Galicia alega que as entidades locais dentro das súas competencias aprobarán a relación de estradas da súa titularidade.

Cumprindo o exposto, o Concello de Celanova deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o treito da OU-540.

7 de maio de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.