publicidade hoxe

Publícanse as bases definitivas da parcelaria de Baión en Vilanova de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilanova de Arousa
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se comunica a aprobación das bases definitivas da concentración parcelaria de Baión, no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa.

Coa aprobación das bases definitivas rematan todos os trámites relativos á identificación dos propietarios das fincas achegadas, determinación exacta da superficie e clasificación dos terreos.

As mencionadas bases definitivas estarán expostas ao público na Casa do Concello de Vilanova de Arousa e nos lugares de costume. Os propietarios beneficiados pola concentración parcelaria dispoñen dun prazo de 30 días para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar.

A concentración parcelaria da zona de Baión afecta a 698 hectáreas e permitirá a reorganización da propiedade de 8.850 parcelas, pertencentes a 1.052 propietarios. Ata o de agora lévanse investido algo máis de 550 miles de euros nos traballos de preparación das bases provisionais e definitivas, na elaboración dos planos parcelarios e na confección do proxecto de rede de camiños.

21 de maio de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.