Programación do Día das Letras Galegas en Salvaterra de Miño
O Concello de Salvaterra de Miño presenta un ano mais a súa programación para o día das Letras Galegas.
Así o venres, 16 de maio estará centrado nos mais cativos, cunha actividade infantil ao aire libre na Praza do Concello. Ás 18.00h tod@s disfrutarán da actuación de Arte Pingüe Teatro coa obra “Pequecontos”, unha actividade divertida onde os mais cativos participarán directamente.
E o sábado, 17 de maio, ás 10.00h Andaina saudable entre Ríos (Miño – Tea) acompañados de monitores, 5 ou 10 km, con saída dende a entrada principal do Parque Público A Canuda.











