Preto de 300 deportistas participaron no I Duatlón de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTomiño
A-
A+
Saída da I Duatlón Tomiño

Saída da I Duatlón Tomiño

O sábado 3 de maio celebrouse a primeira edición do I Duatlón de Tomiño (proba popular), que contou cunha inscrición de case trescentos deportistas. Esta proba coorganizada Adeto e o Concello de Tomiño en colaboración coa Federacion galega de triatlon.

Foi a primeira edición desta proba e a resposta da e dos deportistas non puido ser mellor, con case trescentos inscritos nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e sénior. A saída tivo lugar dende a rúa Colón, mentres que a zona de transición(bicicletas) e meta estiveron instalados na rúa de reciente apertura.

As saídas realizáronse de forma paulatina dende as 16:00 horas para a proba benxamín ata as 18:15 horas para os sénior. As distancias foron diferentes dependendo das categorías e no caso da sénior as distancias foron de 5 quilómetros de carreira a pe, 17 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

Os colaboradores foron: Aliprox, Froiz, coca cola, policia local e proteccion civil de Tomiño e voluntarios, Medicos e enfermeira: Susana e Ana, ambulancias Pepe e Serafin e o Speaker da radio galega: Paco Santos

Ademais o grupo de danza, Adeixa de Vilanova de Cerveira amenizou o final da proba cunha exhibición de baile.

Contouse tamén coa carpa da asociacion contra a fibrosis quística.

Os gañadores do I Duatlon de Tomiño foron:

Na carreira feminina:

1.Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial)

2. Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo).

3. María Martínez (Atletismo Porriño)

Na proba masculina:

1. Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial)

2. Nicolás Domínguez

3.Brais Misa (Atletismo Porriño)

5 de maio de 2014 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.