Preséntase o XV Torneo de Prebenxamíns do Azkar Lugo que arrinca este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Presentación do torneo

Presentación do torneo

Esta mañá o salón de plenos do Concello de Lugo acolleu a presentación do XV Torneo de Futsal de Prebenxamíns “Escola Terra” que organizan Prone Lugo AD e a Escola de fútbol sala Terra. Esta edición contará coa participación dun total de 38 equipos divididos en tres divisións e con máis de 500 nenos/as como participantes. O campionato, xa tradicional durante estas datas, disputarase durante os próximos seis sábados ata que o 14 de xuño, día no que se disputarán os últimos partidos, coñeceranse aos campións de cada división e os postos finais de cada equipo.

O Torneo foi presentado esta mañá por parte do Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, o Xerente de Transportes Azkar en Lugo, Oriol Gonzalvo, o Xerente do Azkar Lugo FS e a Fundación Azkar, Iván Pico, e o Director do Torneo, Félix Julio.

Declaracións:

José Manuel Díaz Grandío: “Este torneo vai reunir a 38 equipos o cal supón que máis de 500 nenos van estar participando no que é un torneo non dun só día senón que é desde xa este fin de semana e ata mediados de xuño e convértese case nunha prolongación da competición ligueira e fai que os nosos rapaces poidan seguir gozando do seu deporte preferido. Desde o Concello agradecer o esforzo sobre todo a Transportes Azkar, porque o noso é obrigación e o seu é vontade, e pola súa implicación no proxecto global do fútbol sala en Lugo e en concreto neste torneo”.

Manuel Otero: “Desexar que o Torneo sexa un éxito e sobre todo destacar un apartado moi importante e é que os monitores, e neste caso educadores por tratarse de deportistas de idade prebexjamín, que lles saiban transmitir que gocen deste torneo, que veñan competir e que non o máis importante é gañar o torneo, o máis importante é que sexan coñecidos polo seu comportamento e polas súas actitudes deportivas que non polos título conseguidos”.

Oriol Gonzalvo: “Como patrocinador agradecer toda a laboura que leva a cabo a Fundación Azkar que son os realmente impulsores e os que levan o peso de educar e sociabilizar e darlle un sentido real a estes rapaces. Agradecer tanto ao Concello como á Xunta a súa disposición e a axuda que supón para a Fundación”.

Iván Pico: “Dar as grazas ás institucións e Transportes Azkar polo seu apoio un ano máis para levar a cabo este tipo de actividades que son todo un orgullo para nós e sobre todo medrar ano a ano en cada unha das actividades porque temos cada vez máis xente a nivel de equipos e de asistencia aos pavillóns. A gran novidade para esta edición é que hai unha categoría máis e así os máis pequenos aínda de 4-5 anos van poder ter a oportunidade de participar e así relacionarse con outros pequenos doutros equipos e saian do seu propio colexio para iniciarse no propio deporte. Bátese record de participación e número de partidos que se disputarán. Para nós é un orgullo seguir fomentando o que é a práctica deportiva e que mellor comezar cos máis pequenos, inculcándolles os valores do deporte non só como deportistas senón tamén como persoas”.

7 de maio de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.