Preséntase o proxecto Coruña Smart City no IV Encontro de Cidades Abertas
O Tenente de Alcalde de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, participou, esta mañá, na Xunta Directiva da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) e no IV Encontro de Cidades Abertas, que tiveron lugar en Rivas Vaciamadrid.
Durante o encontro, no que se analizaron os últimos avances da RECI, o responsable municipal aproveitou para convidar ás 52 cidades que compoñen a rede a asistir ao Smart Weekend, un fin de semana tecnológicoque celebrarase na Coruña os días 6, 7 e 8 de xuño; e que incorporará actividades moi atractivas para os participantes, así como concursos vinculados á investigación e a innovación.
En paralelo, celebrouse o IV Encontro de Cidades Abertas, co fin de reunir a organizacións, institucións e empresas preocupadas e interesadas por mellorar a eficiencia, a sustentabilidade e a calidade de vida das nosas cidades. Representantes de ILUX e Indra, empresas da UTE que desenvolve a Plataforma de Smart Coruña, participaron na xornada expondo a filosofía e visión diferencial do proxecto coa súa Plataforma horizontal e centrada no cidadán; ademais das tecnoloxías que lle dan soporte, facendo especial fincapé na potente Plataforma de Visualización Avanzada eVidens, un programa 3D que permite visualizar toda a cidade e os servizos conectados a ela en tempo real, que permitirá ver e palpar o proxecto de Coruña Smart City cando todo estea conectado.
O Encontro de Cidades Abertas é un espazo de intercambio de experiencias no ámbito das novas tecnoloxías que se celebra desde fai xa seis edicións, consolidándose así como un dos principais puntos de encontro das cidades intelixentes.











