Preséntase o 5º campus de futsal da Fundación Azkar en Vilagarcía
Onte luns o Concello da localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa acolleu a presentación do 5º Campus Futsal Multideporte que a Fundación Azkar levará a cabo do próximo 23 ao 27 de xuño.
Este Campus, que terá como dous puntos importantes da localidade o Complexo Deportivo Fontecarmoa e o Camping Río Ulla, foi presentado onte no Concello de Vilagarcía de Arousa por parte da súa Concelleira do Área de Deportes, Elena Suárez, o representante da Escola Fútbol Sala Salnés, Juan Luís Santos, o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico, e o Director do Campus, José González.
Cotas do Campus
Existen tres modalidades para poder gozar do Campus:
– Pensión completa: 240 € (aloxamento, manutención completa, adestramentos e actividades).
– Con comida: 125 € (comida, adestramentos e actividades).
– Só adestramentos: 90 € (adestramentos e actividades).
Inscripcións
Este Campus está dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2000 e 2005 e conta cun número de prazas limitadas. O prazo de inscripción xa está aberto e os interesados poden solicitar máis información chamando aos teléfonos 982 209 639 ou 686 932 293 ou en planificacion@pronelugoad.com