Premios, obradoiros e concertos no Día das Letras Galegas en Ribadumia
O Concello de Ribadumia conmemorará o Día das Letras Galegas no Auditorio Municipal de Santa Baia, celebración para a que ten programada actuacións destinadas para o público infantil e xeral. Deste xeito, a proposta pasa por divertir aos máis pequenos en galego, da man do taller creativo de Larraitz, mentres que o domingo a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia ofrecerá o tradicional concerto das Letras Galegas.
O venres 16 de maio, dentro da programa de animación a lectura “leer conta moito” que se realiza tódolos venres de 17:30 a 18:30 na Biblioteca Municipal, os nenos participantes poderán crear unha paisaxe collage e descubrir a poesía “Esmeralda” de Díaz Castro. Larraitz empregará a creación traducida a moitos idiomas para festexar as Letras Galegas cortando, pegando e pintando versos en galego, euskera, aranés, finlandés, etc, incorporando o derradeiro verso: o universo sería máis pequeno sen tí!
O domingo, ás 18.00 horas, farase entrega dos premios do “Concurso de relato curto “Día das letras galegas 2014”, que convocou o concello entre os escolares de 1º e 2º ciclo da ESO con motivo da celebración deste día. O 1º e 2º clasificado de cada ciclo levarán 100€ e 80€ en vales de compra no comercio local respectivamente. Ás 18:30 horas será a quenda da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, que ofrecerá sobre o escenario do Auditorio Municipal Santa Baia o tradicional concerto das Letras Galegas.











