Portas Ártabras inaugura a mostra de pintura “O bruar da bughina” de Viki Rivadulla

Cadro “Cabeza de Muller”
O vindeiro venres, 9 de marzo, ás 8 da tarde inaugurase unha mostra de pintura de Viki Rivadulla, en Portas Ártabras ( A Coruña). Participarán no acto de inauguración Xurxo Souto e os poetas X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Mato, Paco Souto, Paco de Tano, María José Fernández e Xosé Iglesias.
A mostra , titulada “O bruar da bughina” está formada por 20 acrílicos sobre lenzo e alguna peza de técnica mixta que combina arxila e madeira. Con esta mostra a autora, que reside en Muxía, quere reivindicar a cultura mariñeira –especialmente a da Costa da Morte– que está seriamente ameazada polos cambios económicos que fan da pesca artesanal un oficio en extinción, abocando á desaparición toda a forma de vida que medra arredor dos oficios do mar.











