Portas abertas na Guarda polo Día Internacional dos Museos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Con motivo do Día Internacional dos Museos, o 17 de maio será unha xornada de portas abertas nos tres principais museos e monumentos do Concello da Guarda.

–  Monte Santa Trega (MASAT)

–  Castelo de Santa Cruz

–  Museo do Mar

Levaranse a cabo visitas guiadas gratuítas co seguinte horario:

12.00: Visita guiada ao Castro, con especial fincapé no sector Mergelina, espacio recuperado despois da tala de árbores feita no pasado verán.

17.30: Visita guiada ao Castelo de Santa Cruz.

Durante todo o día teremos acceso gratuíto ao Museo do Mar con visita guiada incluída.

14 de maio de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.