publicidade hoxe

Pontevedra será sede da GovJam que se celebra simultaneamente en 48 países

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

Ponte GovJam é unha iniciativa integrada no Global GovJam, encontro mundial dirixido a cidadáns, funcionarios públicos e especialistas en innovación co  obxectivo de deseñar e prototipar servizos públicos en tan só 48 horas.  En base a un reto común comunicado cun día de antelación, pequenos equipos traballan construíndo solucións innovadoras para resolver os desafíos aos que se enfronta o sector público.

A primeira experiencia piloto  foi desenvolvida no ano 2012 polo Goberno Australiano en colaboración coa empresa Alemá Work Play Experience contando coa participación de máis de 30 cidades en 5 continentes e da que xurdiron máis de 120 proxectos e prototipos.

Os países que participarán  nesta edición por agora son: Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Alemaña, Singapura, España, Korea do Sur, Suíza, Taiwan, Dubai, Gran Bretaña e Estados Unidos.

Os obxectivos da xornada son potenciar a capacidade creativa para a resolución dun reto común aplicando ferramentas enfocadas a fomentar a innovación nas administracións e no sector público (ex.Desing thinking, coaching…); Adquirir coñecementos sobre novas metodoloxías relacionadas coa innovación nas organizacións dunha forma divertida, motivadora e estimulante; fomentar o traballo en equipo e o networking entre profesionais e xerar servizos e construír prototipos.

A actividade está dirixida a 30 asistentes, sen límite de idade. A participación está aberta a todos os interesados no deseño de servizos, cidadáns, funcionarios públicos, especialistas en innovación…non se require experiencia no sector público.

O encontro será o próximo 7 de xuño de 2014 en Espacio Arroelo (Michelena 11, 3º Esquerda), empresa organizadora da experiencia en Pontevedra. É  un espazo de coworking xestionado por María Pierres e África Rodríguez que nace co fin de dar resposta á demanda dun lugar común de traballo para autónomos ou pemes. Arroelo púxose en marcha na cidade no ano 2013 e actualmente ao redor de 36 persoas co-traballan nel.

Espazo Arroelo ofrece aos participantes o espazo, materiais e o apoio dunha serie de profesionais de apoio con experiencia no desenvolvemento de proxectos, como son Pablo López, Raquel Pedrouso, José Romeu Crusat, Diego Parajó e Roberto Pérez Marijuan, expertos en desenvolvemento de proxectos e coaching.

No desenvolvemento do encontro participan como colaboradoras as empresas que forman parte de Espacio Arroelo, Sofía Martínez Rei, Lucía Rodríguez, Lles Siamoises, O Espello Máxico Producións, Á Lea, Elefantes de Cacharrería, Til Diacrítico, Comunicamos, Zoraida Ferreras e Pepinho Quintela.

Na anterior edición xurdiron catro proxectos.

30 de maio de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.