Poio súmase á promoción do concurso “Imaxes con fondo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Ata o vindeiro 15 de novembro permanece aberto o concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’. Ao igual que na edición do 2012, a temática é a solidariedade e a promoción duns valores que fomenten a equidade entre os pobos e a construción dun mundo xusto e en paz. As idades para poder presentarse vai dos 14 anos en adiante.

Si es capaz de combinar unha fotografía cun texto de 140 caracteres (un tweet), podes participar, sensibilizar e gañar un premio!
A actividade ‘Imaxes con Fondo’ encádrase no Plan de Fortalecemento institucional, Sensibilización e Comunicación 2014 do Fondo Galego de Cooperación, cofinanciado pola Xunta de Galicia.

!A IDEA É MÁIS IMPORTANTE QUE A CALIDADE DA TÚA CÁMARA FOTOGRÁFICA!

PODENSE ATOPAR AS BASES COMPLETAS na web do Fondo Galego.

PRESENTAMOS AQUÍ OS ASPECTOS MÁIS RELEVANTES:

– Poderán presentarse tódalas persoas interesadas, de 14 anos en diante, de calquera nacionalidade e residentes ou con lugar de nacemento na Comunidade Autónoma de Galicia. O tweet/chío que acompañe a fotografía deberá ser en galego.

– Haberá dúas categorías:

Dos 14 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil

Dos 18 anos en adiante: categoría adultas/os

Os traballos deberán axustarse ás temáticas propostas, que son as seguintes:

• Para a categoría xuvenil: A solidariedade dá sentido ás nosas vidas.

O gran potencial da solidariedade é que pode cambiar o mundo, tornándoo máis xusto, equitativo e en paz. Ademais de reflectir imaxes da solidariedade ou insolidariedade cotiá tamén poderán achegar imaxes de mobilizacións ou actividades que se organicen en torno a este principio.

• Para a categoría adultas/os: Cambia, reivindica e constrúe.

No contexto actual de globalización observamos, por parte dos países máis industrializados, innumerables prácticas (consumo, políticas públicas, acordos comerciais, etc)  que a simple vista poden resultar inofensivas, pero que pola contra van acompañadas de efectos nefastos para os pobos do Sur e para o noso propio.

– Haberá tres premios por categoría. Os premios serán os seguintes:

Para a categoría xuvenil:

1º Premio: Cámara fotográfica valorada en 500€.
2º Premio: Unha cesta de produtos de comercio xusto valorada en 150€.
3º Premio: Un ciclo de cine sobre temática social por un importe de 60€.

Para a categoría adultas/os:

1º Premio: Viaxe (inclúe billetes de avión, manutención e aloxamento) a Nicaragua (2015), A viaxe ten como obxectivo o compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria.
2º Premio: Cesta de produtos de comercio xusto valorada en 150€
3º Premio: Un ciclo de cine sobre temática social por un importe de 60€

Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos  ata o 15 de novembro de 2014 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@gmail.com.

19 de maio de 2014 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.