Poio celebra o Día das Letras Galegas coas escolas de infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Mañá entre as 10.00 e as 13.00 horas, na zona da Reiboa, persoal e concelleiras de Educación e Benestar Social recibirán a preto de 50 nen@ das escolas infantís de Poio para celebrar o Día das Letras Galegas, por adiantado.

Despois de facer un pequeno paseo para coñecer o parque Pérez Esquivel, desenvolverán una serie de actividades lúdico-formativas baixo a supervisión dos responsables da escola de tempo libre Koremi e o alumnado(25 persoas) que se está formando nesta modalidade, no curso oficial de monit@r de tempo libre que organizou a concellaría de Xuventude do concello.

Os futuros monitores prepararon unha yinkana na que travballarán coas estacións, con xogos tradicionais regados con cancións.

Haberá tamén un contacontos que os deleitará cun conto baseado no autor ao que se lle adica o día das letras galegas e confeccionarán unha bandeira galega.

Entre medias, aproveitarán para repoñer forzas cunha pequena merenda e ao remate das actividades, o Alcalde e Concelleiras presentes, farán entrega a cada cole dunha bandeira galega e dunha xardiñeira con prantas así como a regadeira para que estas medren xa que o noso lema deste ano é !!!!PARA QUE O GALEGO MEDRE¡¡¡¡¡¡

14 de maio de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.