publicidade hoxe

Piñor conmemora o Día Mundial sen Tabaco cun stand informativo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que o martes 3 de xuño se levará a cabo unha iniciativa destinada á conmemoración do Día Mundial Sen Tabaco 2014 (31 de maio). Por sétimo ano consecutivo, dende este concello queremos concienciar á poboación das graves consecuencias que o consumo de tabaco impón sobre a nosa saúde, polo cal se instalará un stand informativo no edificio municipal, no que ademais de dar información sobre diversos aspectos relacionados co tabaquismo (danos á saúde, metodoloxías para deixar de fumar…) tamén se realizarán cooximetrías ás persoas interesadas (medición da cantidade de monóxido de carbono, para coñecer o seu estado de saúde) e intercambiaranse chupa-chups por cigarros, como maneira de fomentar a colaboración cidadá nun día tan importante na loita contra o tabaco. O Stand informativo estará atendido pola Educadora Familiar, psicóloga formada no ámbito da intervención en tabaquismo, que ofrecerá asesoramento a toda persoa interesada dende as 10:00h ás 14:00h.

Por outra banda, temos que ter en conta que o tabaco non soamente está a perxudicar á persoa fumadora, senón que á non fumadora tamén, de feito, nos stand realizados en anos anteriores atopamos a moitas persoas non fumadoras cunha cantidade de monóxido de carbono equiparable á fumadores, o cal deixa ver que o dano do tabaco neses casos pode ser igual ou incluso maior.

No stand, denominado “Hai máis vida sen tabaco” realizarase unha enquisa para coñecer máis sobre a realidade do tabaquismo en Piñor, aproveitando tamén para promocionar o Programa para Deixar de Fumar, unha terapia que se leva a cabo no concello dende o ano 2009 e que permite ás persoas fumadoras deixar o hábito nun período de 6 semanas.

O compromiso do Concello de Piñor na prevención e tratamento do tabaquismo é a base para o mantemento deste tipo de iniciativas, que continuarán a desenvolverse co obxectivo de mellorar a vida da nosa poboación, tanto en cantidade coma en calidade.

30 de maio de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.