publicidade hoxe

Os xubilados e pensionistas de Palas de Rei celebran un xantar de confraternidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Comida xubilados Palas de Rei

Comida xubilados Palas de Rei

No día de hoxe tivo lugar,  no Pavellon Polideportivo Municipal de Palas de Rei a comida da ASOCIACIÓN DE XUBILADOS E PENSIONISTAS DE PALAS DE REI.  Ao redor de 270 SOCIOS xubilados e ou pensionistas pertencentes a dita asociación desfrutaron dun variado menú que comprendeu de: salpicón de marisco, bacalao e ternera con patacas e un surtido de doces de postre e café posteriormente desfrutaron das interpretacións musicais de Suso de Boente. Estiveron acompañados polo alcalde da localidade, Pablo Taboada, o Tenente de Alcalde, Fernando Pensado os asistentes sociais do Concello de Palas de Rei e a Directora da Radio Local, o Presidente da Unión Democrática de Pensionistas, Bernardino Barreiro. Antes, previamente, a este evento, que celebran con carácter anual, tiveron unha Asamblea Xeral de Socios/as donde ratificaron as contas da Asociación, as actividades desenvoltas ata a data e as que en breve pretenden por en marcha.

15 de maio de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.