“Os venres son dos máis cativos” no Concello de Salvaterra de Miño
Baixo o lema “Os venres son dos máis cativos” o Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación infantil para os meses de maio e xuño.
O Concello de Salvaterra de Miño, ven de presentar a súa programación infantil para maio e xuño. Unha programación centrada na diversión dos mais pequenos da casa, así a partir do 23 de maio ata o 27 de xuño, os venres estarán cargados de música e actividades, cun monitor na Praza do Concello, de 18.30 a 20.00h.
VENRES, 23 DE MAIO: Xogos variados
VENRES, 30 DE MAIO: Danzas e cancións
VENRES, 6 de XUÑO: Xogos con paracaídas
VENRES, 13 de XUÑO: Xogos tradicionais
VENRES,20 de XUÑO: Xogos de expresión corporal
VENRES, 27 de XUÑO: Xogos variados
Ademais para aqueles que lle gusten as manualidades tamén contaremos cun Curso Infantil de Manualidades e Reciclaxe, enfocado aos nen@s de 6 a 11 anos, na Casa de Cultura de Salvaterra, de 17.00 a 19.00. As Prazas son limitadas, inscribirse no Concello.











