publicidade hoxe

Os veciños de 59 concellos ourensáns xa poden solicitar o programa de termalismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Os residentes de 43 concellos da provincia de Ourense e doutros 16 municipios do resto de Galicia xa poden xestionar o programa de termalismo 2014 da Deputación de Ourense dende os servizos sociais dos seus concellos. O pasado 24 de abril, a Deputación de Ourense a través da súa Área de Benestar abriu a convocatoria “Ourense, a provincia termal”, unha actuación enmarcada nas políticas sociais da institución provincial que oferta diferentes programas de benestar e promoción da saúde e o ocio a través do termalismo.

Este ano, a maiores do Programa de Estancias de 6 días/5 noites para maiores de 50 anos, engádese o Programa de Fins de Semana en Balnearios para todas as idades, cuxo obxectivo é o de contribuír ó desenvolvemento da cultura termal a través do coñecemento dos balnearios da provincia.

En todos os programas poderán participar cidadáns de toda Galicia con independencia do concello no que residan.

O procedemento administrativo para a presentación da solicitude e a concesión do programa será totalmente on-line, estando a administración provincial a disposición do cidadán as 24 horas do día, os 7 días da semana a través da dirección http://termalismo.depourense.es/

A concesión do programa, incluíndo o balneario solicitado e as datas de desfrute, resolveranse no mesmo proceso e no mesmo momento da presentación da solicitude. A dita solicitude poderaa presentar por internet o propio interesado ou de forma presencial a través de diferentes organismos públicos. No caso de que o cidadán opte por realizala dende un organismo poderá xestionala acudindo á Área de Benestar da Deputación de Ourense ou mediante os servizos sociais comunitarios dos concellos que así o consideren, os cales teñen que solicitarlle á Deputación de Ourense a habilitación para poder presentar en nome dos interesados a solicitude do programa.

43 concellos da provincia de Ourense xa solicitaron a habilitación no proceso e os seus técnicos de servizos sociais xa poden xestionar solicitudes. Os concellos que xa teñen homologado o acceso á plataforma de administración electrónica que lle permitirá presentar solicitudes ós residentes nos seus concellos son: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barco de Valdeorras, Os Blancos , A Bola, Calvos de Randín, O Carballiño, Chandreixa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Leiro, Maceda, Mezquita, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Piñor, Pobra de Trives, Ribadavia, Riós, Sarreaus, Trasmiras, A Veiga, Verín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía ademáis dos pertencentes á Mancomunidade do Carballiño (Beariz, Boborás, O Irixo, San Amaro) e á Mancomunidade Terras de Celanova (Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás y Verea) xa teñen

Ademais, outros 16 concellos do resto de Galicia tamén se interesaron por esta posibilidade: Lalín, O Rosal, Caldas de Reis, Catoira, Salceda de Caselas (Pontevedra), Barreiros, Burela, Cospeito, Lourenzá, Ourol, (Lugo), Culleredo, Miño, Neda, San Sadurniño, Tordoia e Valdoviño (A Coruña) xa lle solicitaron á Deputación de Ourense a habilitación e tamén poden presentar dende esta semana solicitudes.

14 de maio de 2014 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.