Os sendeiros das Rías Baixas chegan á Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A Deputación de Pontevedra organiza Sendeiros Rías Baixas. Un conxunto de pequenas sendas que se levarán a cabo o 1 de xuño, e que descobren o impresionante cumio sobre o río Miño e o océano Atlántico. Seguindo os itinerarios ascéndese polas ladeiras desde A Guarda ata visitar o seu afamado castro, a ermida de Santa Trega, a Pedra Furada e as inigualables panorámicas das que se pode gozar desde calquera dirección.

A actividade é gratuita e está destinada aos adultos e os nenos a partir dos 7 anos. Os mozos de ata 16 anos deberán ir acompañados dun adulto responsable e entregar unha autorización asinada polos pais ou titores.

A andaina comezará ás 10.00 h no Parque do Montiño e durará aproximadamente dúas horas. Recoméndase o uso de vestimenta e calzado axeitado, auga ou outra bebida e comida para repoñer forzas, e se o día e soleado, cómpre utilizar gorra e protección solar.

28 de maio de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.