Os Museos Científicos da Coruña celebrarán unha xornada de portas abertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

Os Museos Científicos Coruñeses celebrarán este domingo, día 18, unha xornada de portas abertas para conmemorar o Día dos Museos, segundo informa a Casa do concello. Tamén haberá actividades noutros centros da cidade.

Ademais dos contidos habituais, os Museos Científicos Coruñeses presentan as súas últimas exposicións: ‘Puro Swing’, na Casa das Ciencias; ‘Muuultiplicaos’, do Aquarium Finisterrae; e ‘Xogo de Neuronas’ e ‘A cerámica castreña’, na Domus. A maiores, na Casa das Ciencias haberá sesións de planetario.

Por outra parte, a programación noutros museos da cidade incluirán exposicións, concertos, visitas guiadas, cuentacuentos e outras actividades “para todos os gustos”, sinala o Concello.

Así, a Casa Museo Picasso celebrará, a partir das 12,00 horas, o ‘Circo de Pulgas’, de Claudio Carruselo, que deixará paso a un taller familiar sobre a relación de Pablo Picasso co circo.

A Casa Museo María Pita acollerá, a partir das 17,30 horas unha visita teatralizada e un taller de cestaría para familias. Mentres, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá un contacontos e un concerto de Caxade Trío.

15 de maio de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.