Os libreiros de Ourense difunden a literatura en galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O día que a Real Academia Galega conmemora a publicación de ‘Cantares Galegos’ de Rosalía de Castro, e de xeito paralelo o simbolismo desta data para festexar a creación literaria en galego, os libreiros ourensáns saen á rúa para unirse a esta celebración.

Xosé María Díaz Castro é o persoeiro ao que está dedicado a celebración deste ano e, como en cada convocatoria, os libreiros queren difundir a literatura en galego mostrando na rúa tódalas novidades editoriais, ademais dos clásicos de sempre.

Ademais, os lectores poderán obter un 10% de desconto se mercan algún libro na carpa que os libreiros instalarán na rúa do Paseo, preto do parque de San Lázaro, en horario continuado.

16 de maio de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.