Os labores, antigüidades, artesanía e o II Encontro de Palilleiras, sorprenden aos visitantes na Estrada
O recinto feiral estradense, abría na xornada do sábado a súa tradicional Feira de Labores/Atopo de palilleiras conxuntamente coa 44ª Feira de Antigüidades e Artesanía. Aínda que a xornada da mañá era relaxada, o incremento de visitantes produciuse coincidindo coas horas centrais da tarde.
Os visitantes puideron contemplar unha mostra dobre, na que participan máis de sesenta asinas, procedentes maioritariamente da nosa comunidade autónoma e secundadas por firmas do resto de España, Portugal e Francia. Máis de 4.000 m2 de espazo expositivo cun amplo elenco de produtos .
A palillada do sábado, estivo integrada por quince asociacións e en total, un centenar aproximadamente de participantes. Neste sentido, está previsto que para a xornada do domingo, o número increméntese, tanto en Asociacións participantes como en integrantes do propio encontro. Para a última das xornadas, están inscritas máis de duascentas palilleiras, chegadas de toda Galicia, destacando sobemanera, as provincias de Pontevedra e A Coruña. O cómputo global de palilleiras, supera as trescentas.
Na xornada de onte, tivo lugar a celebración dunha mesa redonda que versou sobre “A artesanía feita á man”, nela interviñeron un total de nove artesáns locais.
A xornada do domingo, coincidindo coa maior afluencia de visitantes ao recinto, como xa vén sendo tónica dominante dos nosos eventos, estará amenizada polo grupo local “Tamparrantán” de San Andrés de Vexa. Esta actuación, conta co patrocinio do Excmo. Concello da Estrada.
Tamén destacar á presenza dentro do recinto da zona expositvia das Asociacións locais de Riobó, Curantes, Matalobos e Nigoy, . Xunto a estas Asociacións, atópanse expostos unha mostra de traxes rexionais da agrupación Tequexeteldere e un traxe de xeneral, mostra típica do entroido do Ulla.











