Os Ingleses e CRAT da Coruña son a columna vertebral da selección galega para a Histori Cup de Rugby
Os Ingleses e CRAT da Coruña son a columna vertebral do equipo deseñado polo staff técnico para desprazarse o vindeiro venres a terras vascas para enfrontarse no partido inaugural da HISTORI CUP á selección de Euskadi.
O partido que se diputará o sábado na localidade de Getxo a partir das 18:30 horas antóllase difícil a unha selección galega que non poderá dispor dos xogadores do Blusens Universidade de Vigo que se atopan inmersos no Playoff de permanencia en División de Honra. Polo seu lado os vascos que na actualidade contan con catro equipos en División de Honra poderán contar con todos os seus xogadores ao non disputar os seus equipos nin o playoff de permanencia nin o do título ligueiro.
Nunca antes a selección Galega conseguiu derrotar á de Euskadi aínda que nos últimos anos a distancia entre ambos os equipos reduciuse de forma notable.
David Losada é o seleccionador aínda que sinala que tanto as decisións como o traballo repárteno a partes iguais todo o staff técnico que esta formado ademais do adestrador dos Ingleses por Norman Maxwell (manager xeral de FGR) e Jos Porto (Director técnico da FGR).
Outro vilagarcián José Ramón Santorum “Ju” é o manager da selección que compoñen 23 xogadores











