Os Ingleses continúan as actividades tras finalizar a tempada deportiva
Á Festa da Cervexa Internacional que estes días organiza o club únenselle outras serie de actividades. O sábado dende as 10:00 da mañá e ata as 17:00 celebrarase unha concentración da Selección Galega preparatoria para a competición HISTORI CUP que enfronta á Malicia contra EUSKADI o 31 de Maio en Getxo e a ANDORRA o 7 de Xuño en Pontevedra.
A coincidencia desta competición co Play Off de permanencia en División de Honra que disputa o Blusens Universidad de Vigo e o bo ano dos Ingleses provocou a convocatoria de moitos xogadores locais para os adestramentos previos á lista definitiva.
David Losada repite como seleccionador este ano acompañado por Norm Maxwell (Apoderado Xeral da FGR) e Jos Porto (Director Deportivo da FGR) e o tamén inglés José Ramón Santorum “Ju” sera o apoderado do equipo.
Os xogadores dos Ingleses R.C. convocados para esta sesión son:
Gonzalo Fernandez (Gamba) – Pilier
Jesús Moure (Sito) – Pilier
Diego López – Pilier
David Lema – Talonador
Hadrían Otero (Hache) – Segunda línea
Guzmán Gómez (Uru) – Flanker
Adrián Fernandez (Gambita) – Flanker
Luis Losada (Harry) – Centro
Alejandro Pintos – Ala
Antón Teijeiro (Bosnio) – Zaguero
Desta lista caeron finalmente Daniel Prieto (Biris) e Joaquín Rey o primeiro por lesión e o segundo por motivos laborais.
HISTORICUP: A NECESIDADE DUN PROXECTO
A época que nos tocou vivir, permitiu que o deporte en xeral se convertira nun dos fenómenos sociais con maior arraigo, capacidade de mobilización e convocatoria.
O deporte é competencia e superación, reto e meta, metáfora da vida humana, valores que se realzan e alcanzan a máxima expresión no noso deporte, o RUGBY.
O crecemento do rugby, leva da man, como non, unha compoñente esencial para o seu desenvolvemento que non é outro que o económico.
A realidade actual levou a un notable descenso dos ingresos nas distintas federacións que levan a unha merma de organización de eventos competitivos de máximo nivel territorial, como así ven ocurrindo no noso deporte.
Esta falta de competicións levounos a buscares fórmulas que permitan que a actividade das seleccións non se paralice e que sexan quen de ofreceres a todo o panorama do rugby un producto do que nos derradeiros tempos pensamos adolece.
Xurde logo, fai aproximadamente un ano, unha primeira rolda de conversas entre as Federacións de GALICIA, EUSKADI e ANDORRA quenes comparten unha idea común: a creación dun proxecto competitivo que recoñeza e potencie a realidade da identidade de cada país a través da vertebración deportiva do territorio.
Os tres membros fundadores do proxecto decidiron crear unha competición de nivel a modo do xa coñecido e famoso 6 Nacións, na que as nosas seleccións absolutas se enfrentaran entre elas para defender as cores do seu país.
Logo de varias reunións, nas que o embrión orixinario se foi alimentando de todas e cada unha das ideas aportadas por cada un dos membros, e trala sinatura do “ACORDO DE ANOETA” é agora o intre de dar a coñecer o torneo que terá a súa primeira edición nesta tempada ao largo das seguintes xornadas:
• 31 de Maio de 2014:
EUSKADI – GALICIA en Getxo
• 7 de Xuño de 2014:
GALICIA – ANDORRA en Pontevedra
• 14 de Xuño de 2014:
EUSKADI – ANDORRA en Getxo
Histori Cup iníciase daquela cos tres participantes fundadores do proxecto, EUSKADI , GALICIA e ANDORRA non estando pechada á posible incorporación dalgún outro país, estado, territorio ou rexión que cumpla claramente cos parámetros históricos que sustentan a creación desta competición nun futuro
CAMPEONATO GALEGO DE RUGBY 7
Esta semana confirmouse a Vilagarcia como sede do Campionato Galego de Rugby 7 masculino e feminino. A competición deste deporte Olímpico levarase a cabo en Fontecarmoa o próximo 14 de Xuño e espera reunir a maior parte de equipos galegos desta disciplina. Esta semana abriuse o prazo de inscrición por parte da FGR.