Os emprendedores de Cangas descobren a importacia da imaxe comercial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá a Casa de Oficios Lorenzo Corbacho acolleu a charla “ A importancia da imaxe comercial na apertura ou relanzamento dun negocio” que foi impartida por Nélida Carracelas da empresa local IMAGESC, dedicada ao escaparatismo, decoración e interiorismo.

Durante a actividade, tratáronse diversos temas coma o obxectivo da imaxe comercial, a visión global desde o marketing, os principais erros á hora de abrir un establecemento e como evitalos e o asesoramento profesional, co obxectivo de facer fincapé en que a imaxe que transmite un negocio é un factor fundamental na estratexia de ventas, que inflúe poderosamente na decisión final de compra dos clientes.

Ademais, abordáronse varios exemplos, e aportaron consellos e recomendacións para facer que a imaxe comercial xogue sempre a favor do negocio, como elemento fundamental na captación de clientes.

Respecto á situación do negocio dos asistentes, homes e mulleres de mediana idade, un 30% teñen na actualidade un negocio aberto, outro 30% están en trámites de constitución, e o restante 40% son emprendedores/as con ideas de negocio concretas.

A concelleira de Emprego Berta Pérez afirma que o goberno local seguirá traballando en accións formativas e de asesoramento para que os emprendedores e emprendedoras podan converter a súa idea de negocio nunha realidade.

A próxima actividade da Aula do Emprendedor será a charla “Emprendendo en comercio electrónico con éxito” que terá lugar o 11 de xuño coa colaboración da empresa Infinitum Ecomerce.

15 de maio de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.