Os doces e sobremesas protagonizarán A Guarda Doce

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O broche para o mes de maio é A GUARDA DOCE. Este nova cita nace coa finalidade de promocionar e comercializar os doces e sobremesas das confeitarías, pastelarías e panadarías nun espazo diferente do seu establecemento habitual.

A Guarda Doce terá lugar na Alameda durante a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, ó longo do día, de 11:00 a 21:00 h. Os establecementos participantes amosarán ó público as súas elaboracións máis tradicionais e tamén as novas creacións nun entorno de festividade cunha programación de interese para nenos e maiores.

Están convidados confeiteiros, pasteleiros e panadeiros do Baixo Miño ou do distrito de Viana en Portugal. Deste xeito, A Guarda Doce adquire unha dimensión internacional onde os asistentes gozarán dunha diversa oferta. Tamén poderán participar os establecementos que ofrezan alimentos artesáns.

21 de maio de 2014 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.