Os deportistas de Cedeira conquistan dez medallas no Campionato provincial de Bádminton en Idade Escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

As Escolas Deportivas Municipais de Bádminton de Cedeira sumaron dez medallas no Campionato provincial celebrado a pasada fin de semana no pavillón polideportivo da localidade. Organizado pola Concellería de Deportes co apoio do clube local, a competición enmarcouse no programa “Xogade” da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta.

Os anfitrións conseguiron subir ao podio en todas as categorías en competición, sumando tres ouros, tres pratas e catro bronces. Uns magníficos resultados dado o nivel da competición, na que o Club del Mar de A Coruña, que partía como gran favorito, so logrou igualar o número de medallas dos cedeireses. A cita rexistrou unha gran afluencia de espectadores durante toda a xornada, cuxa entrega de premios estivo presidida polo alcalde, Luis Rubido, acompañado do concelleiro de Deportes, Pablo Nebril. Os premiados por categorías foron: Paula Mourente, medalla de ouro en benxamín feminino; Mathias López, prata e Pablo García bronce en benxamín masculino. Saray Rivas prata en alevín feminino. Sergio Casás bronce en alevín masculino. Lucía Vázquez ouro e Marta García bronce en infantil feminino. Daniel Montero prata e Pablo Pérez bronce en infantil masculino. Elena López bronce en cadete feminino. Diego Loureiro ouro e Brais López bronce en cadete masculino.

12 de maio de 2014 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.