Os cativos de Touro coñecen o poema ‘Esmeralda’ de Xosé María Díaz Castro
Un grupo de trinta nenos coñeceeron ‘Esmeralda’, o poema de Xosé María Díaz Castro, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, que se celebra mañán, 17 de maio. O obradoiro creativo feito en Touro correu a cargo de Larritz. Os nenos e nenas participantes nesta actividade cortaron e pegaron os versos do poema de Xosé María Díaz Castro e elaboraron vistosos muráis que agora danlle un novo aire ás paredes da Aula de Usos Múltiples do Concello de Touro. A actividade aconteceu durante esta semana.