Os cativos de Mos xogan coa poesía de Díaz Castro en diferentes idiomas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concellería de Cultura, dirixida pola edil Sara Cebreiro, organiza o vindeiro sábado 10 de maio un obradoiro infantil co motivo da festividade do Día das Letras Galegas, que este ano adícase ó escritor lucense Xose María Díaz Castro.

Esta iniciativa enmarcada, xunto con outras, dentro da programación conmemorativa desta celebración, consiste na creación dunha paisaxe collage á par que os rapacesdescobren dunha forma lúdica a poesía “Esmeralda”, obra literaria do devandito autor, traducida a moitos idiomas.

Deste xeito, os rapaces poderán festexar o Día das Letras Galegas cortando, pegando e pintando versos en diferentes idiomas de toda a xeografía mundial.

O verso escollido para esta actividade é “o universo sería máis pequeno sen ti”, e será utilizado polos cativos mosenses para a realización do collage.

Amais da realización da paisaxe, os rapaces asistentes ó obradoiro participarán no sorteo dun lote de libros.

A actividade infantil vai dirixida a cativos de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, e levarase a cabo na Biblioteca Municipal o sábado 10 de maio ás 18.00 horas.

8 de maio de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.