publicidade hoxe

Os Bolechas visitarán Neda no marco do programa FalaRedes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

A coñecida familia Bolechas, deseñada por Pepe Carreiro, chega este domingo a Neda no marco programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. “Os Bolechas e o Sabichón” é un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista onde se simulará un concurso. Este enfrontará a Braulio e a Pili, que solicitarán a participación e a complicidade do público para vencer.

Mediante esta estratexia, poténciase a identificación dos nenos e nenas asistentes cos seus protagonistas, que son un referente positivo estreitamente asociado ao galego, pois Os Bolechas falan sempre a nosa lingua: nos libros, nos programas de televisión e nos espectáculos coma este.

A función terá lugar na Casa da Cultura este domingo, 25 de maio, a partires das 12 horas. A entrada é gratuíta, aínda que é preciso retirar invitación na mesma Casa da Cultura este mércores, 21 de maio, e venres, 23 de maio, de 9 a 13 horas ou domingo de 11 a 12 horas. Ata completar aforo (120 plazas). Cada neno poderá ir acompañado por un adulto.

20 de maio de 2014 | 20:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.