Os atletas de Verín acadan 13 medallas no Campionato Provincial en pista
Dezasete atletas do Club de Atletismo de Verín participaron este pasado sábado no Campionato Provincial de Atletismo en pista, celebrado nas pistas “Josefina Salgado” de Ourense, acadando un total de 13 medallas para o deporte verinense.
Nesta competición, organizada pola Federación Galega de Atletismo e a Xunta de Galicia, participaron os/as mellores atletas clasificados nas diferentes probas celebradas na provincia -seleccionados/as a través dos diferentes controis de marcas realizados desde o mes de marzo- e entre os que se atopaban 17 integrantes do EDC Verín Atletismo. A clasificación dos/as atletas verinenses foi a seguinte:
1. Categoría Benxamín:
* Xoel Gago:
– Campión provincial de 1.000 metros (mellor marca galega del ano: 03:35.30).
– Subcampión de 50 metros lisos.
* Kiara Salgado:
– Subcampiona provincial de 50 metros lisos (récord provincial: 08.72)
* Álex Martínez:
– Subcampión provincial de salto de altura.
– Bronce en 500 metros lisos.
2. Categoría Alevín:
* Nuria Mariño:
– 5º posto en salto de lonxitude.
– 12º posto en 500 metros.
* Sofía Rodríguez:
– 8º posto en 60 metros lisos.
– 11º posto en 500 metros.
* Naiara Parada:
– 6º posto en 500 metros.
* Sara Moredo:
– 9º posto en 500 metros.
* Gisela Dapía:
– 10º posto en 500 metros.
* Paulo Simón:
– 7º posto en 500 metros.
* Erea López:
– Bronce en 1.000 metros lisos.
– 7º posto en salto de altura.
* Iria Viana:
– 7º posto en 2 quilómetros marcha.
* Anxo Losada:
– Subcampión provincial en 1.000 metros.
– 6º posto en salto de altura.
* Antía Castro:
– Campiona provincial en 1.000 metros.
3. Categoría Infantil:
* Olalla Bandín:
– Bronce en lanzamento de xavelina.
– 7º posto en 80 metros lisos.
– 7º posto en 500 metros.
* Miriam Cerdeiriña:
– Subcampiona provincial en 500 metros lisos.
– 4º posto en 220 metros valos.
* Fiz Losada:
– Campión provincial en 500 metros lisos.
– Campión provincial en lanzamento de peso.
– Campión provincial en lanzamento de xavelina.
(Rexistrou a mellor marca ourensana do ano nas tres probas).











