Os alumnos do Colexio San José de Cluny reciben a visita do adestrador do Rio Natura Monbus
O adestrador do Rio Natura Monbus, Moncho Fernández, e os xogadores Alberto Corbacho e Pavel Pumprla, visitaron durante a tarde de hoxe aos escolares do Colexio San José de Cluny de Santiago. Os profesionais, compartiron salón de actos con máis de douscentos alumnos do centro de ensino, con motivo da Semana Cultural que este celebra.
Os escolares, de entre sete e doce anos, asistiron primeiro a unha pequena charla do tres na que Moncho, Pavel e Alberto exerceron de profesores, regando balóns aos que contestasen correctamente unhas preguntas sobre o Rio Natura Monbus. Logo, os presentes aproveitaron a oportunidade para preguntar entusiasmados todas as súas dúbidas, e por suposto, para pedir autógrafos ao tres. Moitos deles, equipados coas súas bufandas e camisetas do club.
Para finalizar, Moncho Fernández lembrou aos mozos, grandes afeccionados ao baloncesto, a oportunidade de asistir este verán para mellorar a súa técnica ao Campus Obradoiro CAB – Barbanza, que se celebrará en Boiro entre os días 30 de xuño e 5 de xullo, e ao que asistirán como visitantes e profesores algún dos membros do Rio Natura Monbus.











