Os alcaldes de Caminha e A Guarda diríxense ao goberno central en busca dunha solución ao dragado do canal do Ferri

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal Portada
A-
A+

Os alcaldes do Concello de Caminha e A Guarda volven dirixirse ao goberno central en busca dunha solución ó problema do dragado do canal do Ferri, que une os dous municipios. Por este motivo, o pasado 8 de maio enviaron tres cartas dirixidas á Ministra de Agricultura e Medio Ambiente, á Ministra de Fomento e ó Ministro do Ambiente e Ordenación do Territorio de Portugal, reclamando unha entrevista, tal e como acordaron no segundo encontro intermunicipal celebrado o pasado mes de abril na Guarda.

A situación actual do ferri é moi preocupante, porque a parte máis próxima a Caminha está chea de area, o que dificulta a navegación do barco. A mellor proba é que hoxe en día xa é superior o número de travesías suprimidas que o das realizadas. O servicio que se presta é moi deficiente e está provocando un profundo e xustificado malestar entre os usuarios.

Ademais das razones culturais, históricas e económicas, hai que ter en conta que este servicio é un importante atractivo turístico en épocas de Navidade, Semana Santa é fundamentalmente no verán. Ademais, fai catro ou cinco anos a Xunta de Galicia recoñeceu o Camiño Portugués da Costa como un dos Camiños Xacobeos. Sen o ferri-boat, nexo entre as dúas orillas, tamén desaparecería este Camiño.

“Poucos viaxes, pocos usuarios, poucos ingresos”. É, de non facerse unha actuación urxente, a crónica dunha morte anunciada”, destacaba o alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas. Os dous Concellos esperan que nesta ocasión os Ministerios non fagan caso omiso a unha petición tan importante para non só as localidades de A Guarda e Caminha, senón para todo o norte de Portugal e o sur de Galicia.

9 de maio de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.