publicidade hoxe

Orozco recibiu a un grupo de 23 estudantes franceses de intercambio co colexio Galén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Orozco xunto aos estudantes franceses

Orozco xunto aos estudantes franceses

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe a un grupo de 23 escolares procedentes dun instituto de Charenton-Le-Pont, nas proximidades de París, aos que lles explicou o funcionamento do Concello e interesouse pola súa vida académica no país galo. Con estes alumnos, que están de intercambio co centro educativo Galén, conversou en francés e animounos a aprender o español.

López Orozco faloulles da importancia que estes intercambios de alumnos a nivel europeo teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respetarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas”. Remataron o acto entonando a Marsellesa.

20 de maio de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.