Oleiros organiza sete sesións da Hora do conto nas bibliotecas municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros, a través da Rede municipal de Bibliotecas, organiza ao longo da próxima semana un total de sete sesións do programa A Hora do conto nas bibliotecas de Dorneda, Oleiros, Santa Cruz, Lorbé, Perillo e Mera. Estas actividades de contacontos están dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos e todas terán lugar ás 18.30 horas. A programación para a semana na que se conmemora o Día das Letras Galegas inclúe:

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda Luns 12 de maio CONTACONTOS: Caxoto Contacontos TÍTULO: “Contos para ir facendo o camiño”

Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros Martes 13 de maio CONTACONTOS: Pizpireta TÍTULOS: “Eu voguei por mar de chocolate”, “A cebra Camila”, “O árbore das follas DIN-A 4”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz Mércores 14 de maio Para nenos-as de 1 a 4 anos: CONTACONTOS: Charo Pita TÍTULOS: “Bicos con leite” Para nenos-as de 5 a 10 anos: CONTACONTOS: Soledad Felloza TÍTULOS: “Coidado extraterrestres!”, “Sacapenas”, “Conto para non comer”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé Mércores 14 de maio CONTACONTOS: Raquel Queizás TÍTULOS: “O papón”, “Bicho raro”, “A ratiña branca” Biblioteca Central Rialeda. Perillo Xoves 15 de maio CONTACONTOS: Soledad Felloza TÍTULOS: “Moito ruído”, “Sete irmáns chineses”, “Soño dunha noite de verán (fragmento das fadas)”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera Venres 16 de maio CONTACONTOS: Pavís-Pavós TÍTULOS: “A ra da boca grande”, “Cocorico”, “A bruxa regañadentes”, “Un pesadelo no meu armario”

O obxectivo principal desta iniciativa de carácter lúdico é fomentar a imaxinación e a creatividade. A iniciativa pretende conseguir que os nenos e as nenas se divirtan escoitando contos e deste xeito, consoliden o seu hábito de lectura. Ademais inténtase que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.

Así mesmo, preténdese introducir os nenos e as nenas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender e que os faga gozar. A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e a capacidade de fabulación de quen escoita, polo que se tratará de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos agradables cos libros.

9 de maio de 2014 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.