Oleiros destina 208.000 euros a traballos de asfaltado en 18 rúas municipais
O Concello de Oleiros, seguindo o estudo no que se recolle o estado de conservación de todos os camiños municipais, mellorará 18 rúas municipais . Este documento marca as prioridades á hora de acometer traballos e renovar a capa de rodaxe nas vías municipais. Deste xeito, o Goberno local arranxará ao longo destes meses rúas municipais que presentan unha forte deterioración. O investimento total nestes traballos será de 208.000 euros. Nalgúns casos tan só é necesario actuar en lugares concretos facendo cortes e tapar fochas, mentres que noutros casos o estado do camiño recomenda darlle un tratamento continuo a toda a súa superficie.
Rúas que serán asfaltadas parcialmente
Rúa Illa do Portelo
Rúa Aperta
Rúa Paraíso
Rúa O Chasco
Rúa Tileiros
Rúa Olmos
Rúa Basilio Álvarez
Rúa Escondite
Rúa Xan Vicente Viqueira
Rúas que serán asfaltadas por completo:
Rúa Jiménez Herrero
Rúa do Mar
Avenida Valle Inclán
Rúa Bartolomé de las Casas
Rúa Miranda
Rúa do Ensino
Rúa da Xustiza
Rúa Galileo Galilei
Ademais destes asfaltados, levarase a cabo a pavimentación con hormigón da rúa Céspedes e no camiño do Carragás. Así mesmo, o Concello arranxará as beirarrúas de entrada á Urbanización Rialta na rúa Aguia. Por último, tratará a ordenación da rotonda de entrada á urbanización e zona comercial de Icaria, na rúa do Sendeiro.











